Emigrar a Galicia

A Vida é un Accidente. Así titulei a miña última serie de pinturas. Formarán parte dunha exposición en Monçao no mes de xaneiro. E case por accidente instaleime, hai catro anos, en Galicia. Vin traballar en Mercadotecnia, que é o que alimenta o meu corpo, e deime á Pintura, porque a bebida séntame moi mal, […]
O cráter cultural

Visito con certa asiduidade a Cidade da Cultura. Interésanme algúns dos eventos que se programan alí, e teño desfrutado paseando entre o conxunto de edificios construídos ata o de agora. Pero que me gusten os edificios e que desfrute paseando entre eles, non ten que ver coa miña consideración desta obra como unha das máis […]
A vida está chea de incoherencias

Áreas comerciais, autoservizos… e outras cadeas de alimentación están, dun tempo para aquí, promovendo o uso de bolsas reciclables… vaia, o que ven sendo conciencia medioambiental… Boa idea, certamente nada criticable. O realmente criticable é que sexan elas mesmas as que den por feito que o individuo precisa do seu “ben facer” e da súa […]
Don Paco, unha luz inmorredoira

Francisco Fernández del Riego era un home a uns anteollos pegado. Aquelas gafas de pasta negra e xenerosas medidas recoñecían ó home, aínda que a el nos últimos anos xa non lle axudasen a recoñecer. Só no agarimo familiar se desprendía delas, espíase para deixarnos ver nos seus intensos ollos azuis a historia de Galicia […]
O xeito de pór música a Cunqueiro

Téñome achegado a Cunqueiro de mil maneiras, e en todas me deixei aloumiñar pola aura luminosa que a palabra desprende. Viñérame hai tempo a certeza de que As crónicas do sochantre tiñan música de seu desde o ritmo vertixinoso das primeiras páxinas. Tiñan máis música, as palabras mesmas, que o bombardino do sochantre e as […]
O ouro que está triste e azul

Escoitei nun podcast que nas augas españolas hai arredor de tres mil barcos mergullados. Tres mil pecios de distintas épocas dos cales uns seiscentos están localizados e son rescatables. Tamén dicían nese programa que o ouro e a prata que agochan moitos deses navíos daría para sacar ao pais da crise. Eu non sei. Rescate […]
Paixón de biblioteca

O vindeiro 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano, o excritor Patxi Zubizarreta, expón no cartaz promocional un fermoso texto que fala de nós, as persoas que traballamos nas bibliotecas, e di, dun xeito lánguido e reconfortante, que somos xente apaixoada. Eu tamén creo na paixón. Hoxe en día a biblioteca é […]
Apples

Sempre me sentín atraída polas mazás, paréceme que condensan no seu voluptuoso corpiño as claves do éxito, senon por que ían a ser o fruto escollido polo Demo para nos tentar no paraíso…? Quizáis pola súa frescura, polas súas cores vermellas que te agariman o ollar ata engaiolarte no desexo… Quizáis porque lle caeu unha a […]