Dez anos sen Carlos

Para un limiao coma min falar de Carlos é falar dun pai, dun mestre, dun amigo. Faise difícil pensar que xa pasasen dez anos da súa morte. E esta estrañeza ten que ver coa súa presenza constante nas nosas vidas. Carlos segue vivo e a súa sombra poderosa segue a planear sobre as pequenas cousas […]

Show must go on

A estas alturas da película falar de crise resulta dun cansazo tremendo. A economía conquistou todos aqueles apartados da vida diaria que ata hai non tanto eran tan automáticos como respirar, chegou Lehman Brothers e redefiniuno todo, bancarizou a nosa existencia dun modo tal que calquera unidade mínima da conversa de ascensor pode pasarse pola […]

Tecnoloxía e docencia

Recortes en sanidade, no ensino, recortes e máis recortes. Falta diñeiro e hai que sacalo de onde sexa, aínda que todos saibamos que hai moitos sitios dos que podería saír con máis facilidade. Lía hai uns días que para o curso que ven a Consellería de Educación vai dotar aos centros con nove mil ordenadores […]

Contra os paifocos e abusóns

Atopámonos nun momento histórico ben curioso: para o neoliberalismo hai xa veiga aberta para todo. Baixo o xa crónico e case exclusivo argumento da crise un sector importantísimo da cidadanía, por medo ou por falta de entendemento crítico, asinte comprensiva aos ataques dos mesmos que nos levaron a esta situación. É o que Marx denominou […]

Como non

Non levamos nin un mes de novo governo que xa nos atopamos ás portas dunha reforma, iso si, moi superficial, do sistema educativo. Lembremos que a última, tivo lugar o verán pasado. Isto ten sempre a mesma lectura para min: cada novo ministro é como aquel albanel que o faría todo diferente ao anterior para […]

Crise e xornalismo

Forma parte do cotián. Xa ninguén repara en botar uns minutos lendo unha nova acerca do peche dalgún medio de comunicación, ou o despido de xornalistas. O que debería ser excepcional, xa é tristemente habitual. A crise entrou a fondo no xornalismo e quizais o peor é que chegou con gañas de instalarse. Son dos […]

O galego e Valentín Paz-Andrade

Presentouse a páxina oficial da figura que habemos homenaxear nas Letras de 2012. Para abraio de quen lese a súa obra, as únicas palabras de Paz-Andrade que se salientan en todo o web son estas: “O bilingüismo non é ningún mal. Pol-o contrario é progresivo, mentras o monolingüismo é regresivo… O bilingüismo, e máis se […]

Para que (me) serve a poesía?

A poesía, considerada un xénero literario nos manuais de literatura e nos libros de texto da nosa etapa escolar, non só é a ferramenta empregada polos escritores para facer poemas e libros, quizais iso, só sexa unha pequena parte, imprescindible, pero non a máis importante. A poesía é tatuar nas pupilas un prisma para observar […]