Cando esteamos mortos

“Xa non quedan xornais que falen da nosa cultura”. Esa é a conclusión á que chegaron varios altos cargos do departamento aínda dirixido por Roberto Varela neste verán estraño. Un estío no que o sol fuxiu esquivo e o ceo puxo o seu horizonte nun inverno que ameaza con ser demasiado longo. Esa simple conclusión, […]
A escola de todos

Xa empezou o cole. Milleiros de nenos e nenas volven ao estudo e ao xogo rebuldeiro dentro das aulas. Diferentes medios ofrecían estes días información e imaxes sobre o comezo da escola “nunha absoluta normalidade” Malia que este curso os nosos escolares atópanse con menos axudas e menos profesorado. Porque os nosos gobernantes acordaron agora […]
A débeda das Letras Galegas con Madrid

A literatura en lingua galega tivo sempre unha sede lonxe do seu territorio natural e non estou a me referir a Buenos Aires, senón a Madrid. Case todos os grandes persoeiros da literatura galega, a comezar por Rosalía e Murguía e a seguir polo último homenaxeado das Letras Galegas, Loís Pereiro, pasaron tempadas longas da […]
Crise

Hoxe é volta á realidade para moitas e para moitos. E dende primeira hora as radios, as teles, a rede, o facebook, o twitter… todos os medios polos que agora nos entra coma fervenza unha realidade que non se para, falan de que vai ser a tempada máis dura de todas as que lembramos. De […]
Topografía do terror

No recinto de exposición, unha morea de turistas de diferentes nacionalidades amoreámonos diante de cada cartel lendo avidamente a información escrita en alemán e inglés. A xente lía con rostro serio, comentaba os contidos, bufaba, abaneaba a cabeza. E non era para menos. A exposición do recinto escavado xunto aos restos do muro, onde antano […]
Prende a luz

Nestes tempos nos que parece que todas as luces da industria cultural galega apagan de vez ou padecen constantes avarías nos fusibles, é hora de reinvidicar o labor colectivo na protección, construción e difusión das letras, música, teatro, cinema e prensa. Ninguén vai facer o traballo por nós. Os traballadores da cultura foron exemplares na […]
Eu non quero perder o tren

Esta noite unha cantiga de berce anunciaba o meu sono, era o cantar do tren en Ingelheim am Rhein, un tren que te pode levar pola beira do río ás beiras doutros ríos, que te conecta cun aeroporto que é unha cidade, desde a que chegas ao mundo, un tren que te leva a outros […]
A fouce malvada

Cando eu era cativo, lembro que no edificio onde eu vivía, había unha pequena plaquiña de metal cun xugo e unhas frechas. Nunca souben que significaban, pero sempre me chamou a atención desque a miña vista a descubriu. Sempre pensei que a penduraran alí meus pais. Se cadra, como homenaxe ao pasado labrego deles. Antes […]