Escoitei nun podcast que nas augas españolas hai arredor de tres mil barcos mergullados. Tres mil pecios de distintas épocas dos cales uns seiscentos están localizados e son rescatables. Tamén dicían nese programa que o ouro e a prata que agochan moitos deses navíos daría para sacar ao pais da crise. Eu non sei.
Rescate económico. Abondaría con algúns barcos e fortes inmersións en tecnoloxía punteira. Chegar e encher. Sen recortes nin o corte de pedir. Capital inmovilizado do século de ouro agardando por nós. Valadouro submarino. Recapitalización salgada autosuficiente. El despiporre.
Non nos presta o diñeiro metafórico.Queremos tesouros, Cunqueiro. O ouro tamén é xente. O ouro quere volver.