A vida está chea de incoherencias

Categoría: Opinión

Áreas comerciais, autoservizos… e outras cadeas de alimentación están, dun tempo para aquí, promovendo o uso de bolsas reciclables… vaia, o que ven sendo conciencia medioambiental… Boa idea, certamente nada criticable.

O realmente criticable é que sexan elas mesmas as que den por feito que o individuo precisa do seu “ben facer” e da súa “responsablidade”… Certo que  hai quen non fai nada, quen fai moi pouco e quen ten conciencia absoluta de coidado e respecto polo planeta.

Dacordo que todos podemos facer máis e toda axuda é pouca… pero o que como persoa, cidadán ou consumidor me resulta incoherente e ata indignante é que estas entidades, grandes marcas e todos aqueles dos que saben que estamos a falar, se colguen a medalla de “grandes concienciadores”, cando a súa política empresarial non ten en absoluto nada que ver con isto (cando menos na medida que pretenden que o percibamos)

É dicir, esas bolsas que agora nos cobran cando realizamos a compra cústanlles menos do que nos cobran por elas… de concienciación nada! Ademáis, se tanto interese teñen en reciclar… que sexan eles os primeiros en comprar produtos aos provedores que lles ofrezan envases reciclables ou reutilizables… claro! gran ignorancia pola miña parte, se é que deste xeito o seu volume de negocio e de ventas mermaría… se tan só venderan bebidas envasadas en vidro, alimentación precintada en cartón… ou papel reciclable… e xa non digamos prescindir das bandexas dos produtos frescos!

En fin, polo ben do planeta espero que realmente iso que chaman concienciación ambiental, funcione doutro xeito ( aínda que tamén sei que o fácil é criticar)

Compartir na redes sociais: