Visita do Bloque Nacionalista Galego á Editorial Galaxia

Hoxe unha representación do Bloque Nacionalista Galego achegouse ata a Editorial Galaxia. Ana Pontón, Luis Bará, Serafín Otero e Manuel Caride quixeron coñecer as nosas instalacións, o noso traballo diario, as nosas apostas de futuro e os retos aos que nos enfrontamos cada día. Agradecemos esta visita e o compromiso coa cultura e a lingua […]
Rapsodia en negro preséntase na Coruña

Mañá na Linda Rama, ás 20.30h, preséntase o libro de poemas Rapsodia en negro, unha tradución de Alberto Pombo que estará no acto acompañado da poeta Yolanda Castaño e da editora Malores Villanueva. A poesía de Jidi Majia está fondamente alicerzada na tradición oral da minoría nuosu, pobo do suroeste da China. Evoca o pasado […]
A presentación de Rapsodia en negro en Compostela

Mañá na Libraría Couceiro, ás 19.30h, preséntase o libro de poemas Rapsodia en negro, unha tradución de Alberto Pombo que estará no acto acompañado da poeta Iolanda Castaño e do editor Carlos Lema. A poesía de Jidi Majia está fondamente alicerzada na tradición oral da minoría nuosu, pobo do suroeste da China. Evoca o pasado […]
Os Cabezombis na Mansión Espello para celebrar o Día da Lectura

Convencidos, como dicía Francis Bacon, de que “a lectura fai o home completo, a conversa faino áxil e a escrita faino preciso” no colexio Amor de Dios de Vigo celebraron o 17 de febreiro a vixésimo segunda edición do Día da Lectura, dirixida aos rapaces de 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. […]
Rosalía de Castro estudada con rigor e admiración

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Dende a Editorial Galaxia festexamos este día co anuncio da saída da biografía da autora, realizada por María Xesús Lama. Un estudo dende o rigor, unha achega minuciosa que nos permitirá saber máis da autora de Follas Novas, pero tamén máis […]
El Corte Inglés, a través de Ámbito Cultural, únese ao Premio Illa Nova de Narrativa

A Editorial Galaxia convocou o pasado 12 de xaneiro a primeira edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. El Corte Inglés súmase, co seu patrocionio, a este certame que quere axudar a abrir camiño a quen está comezando no mundo […]
Nordeste, de Daniel Asorey, en Vigo

No Café Badía preséntase a novela de Daniel Asorey, Nordeste, gañadora da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. Ás 20.10h e acompañado de Iolanda Galanes e Carlos Lemas, tamén esperamos contar coa vosa presenza. Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da […]
A Fundación Penzol súmase á conmemoración do Día de Rosalía

O próximo venres, día 24 de febreiro de 2017, cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, en que Galicia conmemora o Día de Rosalía para recoñecemento e exaltación de quen se convertiu nun dos signos máis importantes da nosa identidade. A Fundación Penzol incorpórase a esta celebración expoñendo algúns documentos e publicacións existentes […]