Xavier Senín presenta O alfaiate portugués en Vilagarcía

Xavier Senín presenta en Vilagarcía o seu novo libro ás 20.00h, O alfaiate portugués. Estará acompañado polo tamén escritor Xabier P. Docampo e por Carlos Lema pola Editorial Galaxia. Son un conxunto de relatos curtos, noventa, que contan unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que […]
Blanca Riestra presenta Noire Compostela na Coruña

Blanca Riestra gañou o Premio de novela por Entregas de La Voz de Galicia 2016 con Noire Compostela. O 21 de febreiro na Coruña presentará este título acompañada da escritora Inma López Silva e do director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Agardámosvos!
O novo Grial preséntase na Fundación Granell

Na Fundación Granell terá lugar o acto de presentación do novo número da revista Grial no que estarán Dolores Vilavedra, Germán Labrador, Antonio Míguez e Lourenzo Fdez. Prieto. Nesta nova entrega de GRIAL volvemos á memoria histórica como centro de reflexión e debate, nun monográfico coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores […]
A biografía de Carlos Casares asinada por Henrique Monteagudo

Para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2017, dedicado a Carlos Casares, a Editorial Galaxia publica unha biografía do escritor na que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra e que a partir do primeiro de marzo estará nas librerías do país. Carlos Casares. Un contador de historias, asinada polo profesor Henrique Monteagudo. […]
Os Toribios onte no CEIP García Barbón

Onte no CEIP García Barbón de Vigo presentouse a reedición da serie infantil dos Toribio. Cun contacontos para o alumnado de segundo de primaria que, previamente, leran as aventuras de Toribio coas súas profesoras. Este traballo previo permitiu que coñecesen xa a Toribio, á súa amiga Sara, o profesor Papafigovich de Moscova e o profesor […]
Versos para conversar, de Xoán Carlos Domínguez, en Ourense

O venres, 17 de febreiro, preséntase en Ourense o novo libro de Xoán Carlos Domínguez Alberte Versos para conversar. Estará acompañado do seu editor, Francisco Castro, e da boa música de Manuel Ferro. Agardámosvos!
Volven os Toribio

Mañá ás 12.00h no CEIP García Barbón de Vigo terá lugar o acto de presentación da serie infantil dos Toribio. Cun contacontos para os máis pequenos e pequenas do centro celebraremos a saída novamente dos Toribios e darémoslle a coñecer a figura do escritor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras […]
María Solar presenta Os nenos da varíola en Santiago

María Solar presenta en Compostela, na Librería Cronopios, a súa nova novela Os nenos da varíola. Estarán acompañándoa Francisco Castro e Juan Gestal. En 1803, os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a […]