Nordeste, de Daniel Asorey, en Vigo

Categoría: Nova

No Café Badía preséntase a novela de Daniel Asorey, Nordeste, gañadora da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. Ás 20.10h e acompañado de Iolanda Galanes e Carlos Lemas, tamén esperamos contar coa vosa presenza.
Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da que terras coma Bahía, Río Grande do Norte e o mesmo São Paulo son colonias. O xurado destacara o día da concesión do premio a calidade estilística e a imaxinación desbordante. Asorey cre que a imaxinación non é tanta pois a historia está tecida cos díos da realidade.
Os temas como o poder, a corrupción, a liberdade ou a mulleres son centrais. O poder do masculino fronte a tres mulleres protagonistas que retratan as realidade subalternas, que siñan con mundos posibles e que critican o mundo de opresión que representan os homes.

Compartir na redes sociais: