O próximo venres, día 24 de febreiro de 2017, cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, en que Galicia conmemora o Día de Rosalía para recoñecemento e exaltación de quen se convertiu nun dos signos máis importantes da nosa identidade.
A Fundación Penzol incorpórase a esta celebración expoñendo algúns documentos e publicacións existentes nos seus fondos, nunha das vitrinas da entrada pola praza da Princesa á Casa Galega da Cultura de Vigo. Esta mostra poderá ser visitada polo público de 10:00 a 13:30 horas e de
17:00 a 19:30 horas. Ademais ás 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 horas explicaranse os contidos e pormenores do material exposto aos visitantes.
Material a expoñer:
– Folla manuscrita de Rosalía con recolleita de cantares populares galegos.
– Correspondencia que dá conta de que aínda vive María Josefa Martínez Viojo, tía de Rosalía que a coidou de pequena en Ortoño:
. Carta de Lois Tobío Campos a Rosalía de Castro.
. Carta de Rosalía de Castro a Lois Tobío Campos.
. Carta de Alejandra Murguía a Lois Tobío Castro
– Libro “Cantares Gallegos”. Primeira edición do ano 1863 e outras posteriores.
– Libro “Follas Novas”. Primeira edición feita polo vigués Alejandro Chao en La Habana e outras edicións posteriores.
– Libro “Poesies Gallègues”. Tradución ao catalán dun extracto de Cantares Gallegos. Edición do ano 1917.
– Libro da tradución ao Xaponés de “Cantares Gallegos”. Editado o ano 2009.
Día de Rosalía,venres 24 de febreiro de 2017, Fundación Penzol:
Exposición de documentos autógrafos e libros.
Horario: 10:00 a 13:30 e 17 a 19:30 horas.
Horario de explicacións sobre a mostra: 11:00, 12:00, 18:00 e 19:00 horas