15 anos sen Carlos Casares, un contador de historias

Cúmprense hoxe 15 anos do pasamento de Carlos Casares, autor ao que este ano se lle dedica o día das Letras Galegas, e que nos deixaba repentinamente un 9 de marzo de 2002. Imposible non preguntarse cales serían as historias por contar, por sorte, foron moitas as que viron a luz en papel da man […]

Pelerinaxes onte no Ateneo de Pontevedra

“Partindo do libro Pelerinaxes, de Otero Pedrayo, o realizador italiano Simone Saibene recrea o camiño feito polo escritor xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Sey, desde Ourense a San Andrés de Teixido, no ano 1927, a través dunha moza que percorre hoxe a mesma ruta”, así inicia a revista Aí a súa crónica da presentación da […]

Nordeste: un refacho de aire fresco na narrativa galega

Veñen de aparecer na prensa novas lecturas a propósito de Nordeste, a novela coa que Daniel Asorey gañou a pasada edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. A crítica Montse Pena Presas escribe hoxe no Faro da Cultura: “Nordeste é unha sorpresa, un refacho de aire fresco na narrativa galega adulta dos últimos tempos, un […]

No Día da Muller: entrevista a Ana Cabaleiro no Faro de Vigo

“Quería chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero”, destaca o xornalista  Ángel Graña dunha entrevista na que Ana Cabaleiro explica cales eran as súas intencións ao escribir os relatos que compoñen Sapos e sereas, un “libro combativo” respecto de “como nos contaron as historias e as voces que lle podemos dar a […]

O Concello de Vigo e a Editorial Galaxia únense para homenaxear a Casares

O Concello de Vigo, xunto coa Editorial Galaxia, fará que 8.000 nenos e nenas do concello coñezan a Carlos Casares a través da súa escrita, dun texto “Vigo: a man da xente”, no que o escritor fala da súa cidade de adopción. Así, o Concello de Vigo únese ás homenaxes ao autor ao que este […]

Ler a Paul Auster en galego no seu 70 aniversario

Paul Auster é un dos grandes narradores, un deses escritores de culto para millóns de lectores e lectoras, pero tamén para a crítica. Antes que escritor foi un lector voraz, e entre as súas lecturas estaban os clásicos como: Dostoievski, Edgard Allan Poe, Nathaniel Hawthorne, Kafka, Beckett, Shakespeare e, especialmente, El Quijote, de Miguel de Cervantes, […]

A galiña azul, de Carlos Casares, percorrerá Galicia

A Editorial Galaxia xestiona a posta en escena da obra infantil de Carlos Casares, A galiña azul que a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegará a un bo número de concellos galegos. O programa FalaRedes 2017 ábrese hoxe cunha actividade que constitúe unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día […]

Rapsodia en negro, a primeira tradución de poesía contemporánea chinesa

Onte presentouse na Coruña, Rapsodia en negro, a primeira tradución de poesía contemporánea chinesa para a nosa lingua e o maior compendio traducido da obra do recoñecido poeta Jidi Majia. Alberto Pombo encargouse de acometer esta empresa, difícil, pero que polo resultado parece doada, xa que cando un le estes versos parece que naceron en galego, […]