Rapsodia en negro preséntase na Coruña

Categoría: Nova

Mañá na Linda Rama, ás 20.30h, preséntase o libro de poemas Rapsodia en negro, unha tradución de Alberto Pombo que estará no acto acompañado da poeta Yolanda Castaño e da editora Malores Villanueva.
A poesía de Jidi Majia está fondamente alicerzada na tradición oral da minoría nuosu, pobo do suroeste da China. Evoca o pasado máis tamén fala con elocuencia do momento actual. Coa textura da cultura local, os poemas deste libro son unha maneira requintada de entrar ao mundo nuosu; neles resoa a voz dos devanceiros. Son presenzas que acompañan a vida e andaina do poeta tan preto coma calquera compañeiro.

Compartir na redes sociais: