A Facultade de Filoloxía da USC acolle os XXV Encontros da Asociación Española James Joyce

O reitor Juan Casares inaugurará este martes 29 os XXV Encontro da Asociación Española James Joyce que se van celebrar na Facultade de Filoloxía da USC promovidos por investigadores das tres universidades galegas baixo a coordinación da profesora da USC Margarita Estévez-Saá, do docente da Universidade da Coruña José Manuel Estévez-Saá, e da profesora da […]

Publicamos a Poesía Galega Completa de Xosé María Díaz Castro

Esta semana irá entrando nas librerías todas do país a 'Poesía galega completa' que publicamos en edición de Armando Requeixo. Nunha coidada edición en tapa dura, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, feitura á altura do poeta a quen este ano dedicamos o Día das Letras Galegas, os lectores e lectoras poderán […]

Anxos Sumai e Berta Dávila, Premios de Crítica 2014

Anxos Sumai recibiu o premio de narrativa en lingua galega pola súa novela "A lúa da colleita", editada por Galaxia, que xa fora distingida co Premio Manuel García Barros o ano pasado. Berta Dávila foi premiada no apartado de poesía polo seu libro "Raíz da fenda" (Premio Johan Carballeira en 2012). Esta mesma autora publicou […]

Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Lugo

O Club Cultural Valle Inclán, a Galería Sargadelos e a Editorial Galaxia organizan unha xornada de debate arredor do libro: PARA QUE NOS SERVE GALIZA? (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012) O acto celebrarase en Lugo o martes, 29 de abril, ás 20 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4). Participarán no debate, […]

A Editorial Galaxia publica 'Pitusa Semifusa' de Olga Brañas

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro-disco, publicado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas, 'Pitusa Semifusa', un impresionante proxecto musical comandado pola pandereiteira folk e que pretende, ademais de ofrecer un mollo de cancións pegadizas e de alta […]

Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013, no catálogo de Galaxia

Elena Poniatowska recollerá mañá en Madrid o Premio Cervantes, un galardón de moito prestixio dentro das letras en castelán. No ano 2009, un mollo de escritores e escritoras, en colaboración coa AELG, recibiron a encomenda da Editorial Galaxia para verquer os relatos presentes no seu libro 'A filla do filósofo', á lingua de nós. Na […]

Libros para unha sociedade mellor

Este 23 de abril celébrase o Día do Libro. E en telexornais, periódicos e demais medios de comunicación, o libro terá un protagonismo especial. E serán moitas as voces, sinceras, que falarán da importancia do libro e da lectura na nosa sociedade, na educación dos cativos e cativas, etc. Nada que non saibamos e que […]