A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia, a Libraría LER da Pobra do Caramiñal e o Liceo Pobrense, organizan o acto arredor da saída do número 94 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como da presentación do Premio de Narrativa Breve Repsol 2013.
Interveñen, amais da autora, BERTA DÁVILA, as socias de Barbantia María Xesús Blanco, Encarna Pego e Isabel Santos.
O libro de Berta Dávila está a colleitar un gran número de premios en todo o país e o aplauso unánime da crítica literaria. Así, por exemplo, recentemente, En Rúas Magazine, Tensy Gesteira dicía: "O derradeiro libro de Emma Olsen (2013) é un boísimo exemplo de que a ficción e a realidade non teñen límites, máis ben son unha extensión. O tópico de que a realidade supera á ficción adquire nesta novela todo o sentido".
Desta volta, as xentes do Barbanza terán a ocasión de comprobar, da súa propia man, todo o que aquí se anuncia.