Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Lugo

Categoría: Nova

O Club Cultural Valle Inclán, a Galería Sargadelos e a Editorial Galaxia organizan unha xornada de debate arredor do libro:
PARA QUE NOS SERVE GALIZA? (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012)
O acto celebrarase en Lugo o martes, 29 de abril, ás 20 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4).
Participarán no debate, Lidia Senra, sindicalista agraria; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC; Grial Parga, analista
cultural e crítico de cine e televisión, e Xaime Subiela, politólogo e sociólogo, autor do libro. Serán presentados e moderados por Felipe Arias Vilas, historiador e museólogo (en representación do C. C. Valle Inclán).
Neste libro, o autor faise unha serie de preguntas fundamentais para coñecérmonos e sabermos se temos un futuro: Vai morrer Galiza? Sérvenos para algo o galeguismo? Ten sentido a nación galega na sociedade-rede? Segundo Xaime Subiela, a respostas depende da proposta de Galiza que formulemos e de que a cidadanía queira facela súa. Neste libro apréciase o galeguismo como un ideario valioso e vinculado aos movementos máis emancipadores de cada época, pero precisamos repensar Galiza como identidade-proxecto para o noso tempo, facelo entre todos e todas, democratizando a idea e a proposta, unha nación aberta, en construción.

Compartir na redes sociais: