Anxos Sumai recibiu o premio de narrativa en lingua galega pola súa novela "A lúa da colleita", editada por Galaxia, que xa fora distingida co Premio Manuel García Barros o ano pasado. Berta Dávila foi premiada no apartado de poesía polo seu libro "Raíz da fenda" (Premio Johan Carballeira en 2012). Esta mesma autora publicou recentemente en Galaxia a novela "O derradeiro lbro de Enma Olsen" (Premio Repsol de narrativa breve), polo que foi tamén distinguida pola Asociación Galega de Editores como autora do ano e mellor libro de ficción no 2013.