Chega ás librerías o novo libro de Miguel Anxo Murado

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Miguel Anxo Murado titulado 'Escrito en cafeterías', un traballo que nos conta historias reais pero que naceron escritas, en principio, como columnas de prensa. Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se […]

Segunda edición para 'Nimbos'

A obra cumio de Xosé María Díaz Castro é 'Nimbos', poemario que estaba xa no noso catálogo dende hai tempo pero que necesitaba unha revisión que fixase o texto definitivamente. E a persoa axeitada para facelo era o poeta, e amigo persoal do persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Luis G. Tosar. […]

Bases do Premio de Novela Manuel García Barros

O ano pasado cumpríronse XXV anos do Premio Manuel García Barros, un dos galardóns literarios máis importantes do noso país e fortemente vencellado á Editorial Galaxia, quen publica a novela gañadora. Dende a ligazón á dereita destas liñas podes acceder ás bases do certame que convoca o Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral […]

Descarga de balde as primeiras páxinas de 'Maternosofía'

A aceptación da crítica e, sobre todo, o interese dos lectores e lectoras por 'Maternosofía', o novo libro de Inma López Silva, permítenos afirmar que estamos diante do libro da tempada. Unha obra que está a ter unha enorme repercusión tanto nas redes sociais como no blogue que montamos dende o de Editorial Galaxia e […]

A revista GRIAL sempre centrada no futuro

Non quixo faltar ninguén. E o auditorio da Fundación Novacaixagalicia de Santiago ficou pequeno para dar cabida aos amigos e amigas que quixeron compartir coa revista GRIAL a celebración do seu medio século de existencia. Os codirectores, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo abriron e pecharon un acto conducido pola escritora e xornalista María Solar, […]

Antón Seoane presentou DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO en Vigo

Se hai uns anos era Antón Seoane quen presentaba o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra' abeirando a Anxo Pintos, un dos músicos da mítica formación de folk galego, o pasado mércores, no Café 'De catro a catro' de Vigo invertíronse os roles pois foi Anxo Pintos quen, acompañado do editor do libro-disco (coeditado con […]

50 anos de GRIAL (1963-2013)

O xoves, ás 20 horas, reunímonos os amigos e amigas da revista GRIAL na Fundacion Novacaixagaicia, rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela para celebrar o 50 aniversario da publicación cultural decana de Galicia e unha das mais antigas de España nesta especialidade. Nas páxinas de GRIALcolaboraron algunhas das grandes personalidades históricas da cultura galega, […]