Presentouse PITUSA SEMIFUSA en Santiago

Onte, as instalacións da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago quedaron pequenas para escoitar a Olga Brañas e outros colaboradores do libro-disco PITUSA SEMIFUSA, unha ferramenta nova para aprender da música e dos instrumentos, un traballo no que colaboran outros artistas e músicos galegos recoñecidos como Leandro Lamas, Anxos Pintos ou Uxía e ilustrado por Leandro […]

Queda unha semana para a presentación de ESTAMOS NO VERÁN!!!

O vindeiro martes será a posta de longo oficial da novela-disco do músico Xoán Curiel e a escitora Charo Pita, 'Estamos no verán!!!, un traballo literario e musical que vai chamar poderosamente a atención de pequenos e grandes. O libro, da autoría de Charo Pita, cóntanos a historia dun grupo de amigos que, co comezo […]

Sinatura de Anxos Sumai na Feira de Pontevedra

A escritora Anxos Sumai, autora da moi premiada 'A lúa da colleita' estará asinando exemplares na Feira do Libro de Pontevedra, mañá, na caseta da librería Paz. Así, todas as lectoras e lectores que queiran achegarse a partillar un intre e que lles asine calquera dos libros por ela publicados, teñen este venres unha ocasión […]

'Ulises' e Anxos Sumai, premios da AELG 2014

Onte, no Teatro Principal de Pontevedra, celebrouse a Gala anual da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para recoñecer os mellores traballos do ano anterior segundo o criterio dos socios e socias da Asociación. Dous libros de Galaxia foron merecentes dese recoñecemento. Por unha banda, a tradución galega do Ulises de James Joyce, […]

Agustín Fernández Paz, Premio Trasalba 2014

O ESCRITOR Agustín Fernández Paz será a personalidade da cultura galega homenaxeada na Festa Anual que organiza en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu por unanimidade a xunta de goberno da institución, logo de considerar propostas que chegaron tanto dende dentro como dende fóra da fundación. O acto de entrega realizarase, como xa […]

Presentación de PITUSA SEMIFUSA en Santiago

Este martes, ás 18 horas, Olga Brañas presentará o seu libro-disco PITUSA SEMIFUSA que acabamos de publicar na colección Sonárbore. Logo dunha rolda de prensa para os medios de comunicación pola mañá, ás 11, 30, no que xa ofrecerá un breve petisco musical das pezas que conforman o seu primeiro traballo para público infantil, ás […]

Fin de semana literaria

Esta ponte de Maio, como xa moita xente a coñece, non será de ponte para a presentación de novidades literarias. Así, o venres, ás 20 horas na librería Biblos de Betanzos, o escritor Xabier López López acompañará a Inma López Silva na presentación do seu 'Maternosofía'. Ao día seguinte, dentro dos actos programados na Feira […]

Últimos días para presentar novelas ao García Barros

Este 2 de maio péchase o prazo para presentar orixinais ao Premio de Novela Manuel García Barros que promove o Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a nosa editorial. Na ligazón á dereita destas páxinas podes descargar as bases completas do premio.