Alumnas e alumnos do Santiago Apostol de Buenos Aires visitan Galicia

Da man dos seus entusiastas profesores, Juan Domingo e Vanesa, un mollo de case que vinte alumnas e alumnos do colexio Santiago Apostol de Buenos Aires, un centro escolar que aglutina a moitas e moitos descendentes de galegos e galegas da emigración, traballando cun plano de estudos que lles permite formarse tamén en galego e […]
A Esmorga estrearase o 15 de novembro

'A Esmorga' inaugurará a 19 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, unha semana antes de que a película chegue ás salas de cine comerciais. Tiña que ser, claro, en Ourense, a cidade pola que transcorre a novela de Blanco Amor e que na fita é un personaxe máis, onde vexa a luz o […]
Volven os libros

Están aqui. Os libros de verán, que nos acompañaron e aínda nos acompañan nestes derradeiros días de vacacións: lecturas na praia, na casa, no campo, no lecer e na conversa cos amigos… Libros para soñar, para viaxar, para pensar, para reflexionar, para discutir, para entender e compartir a vida, os seus problemas e as súas […]
Un ano sen Benxamín
O 30 de agosto do pasado ano deixábanos Benxamín Casal (Lugo, 1935 ), intelectual galeguista, enxeñeiro agrónomo de profesión, home de conciliacións e consensos, profundamentre vencellado ao proceso de transición política cara á democracia e a autonomía de Galicia a partir de 1975 e presidente de Editorial Galaxia nos últimos anos da súa vida. Con […]
Sobre O Gatopardo: entrevista con Gioacchino Lanza Tomasi

No xornal La Voz de Galicia, publícase unha interesante entrevista con Gioacchino Lanza Tomasi realizada por Héctor J. Porto. Lanza Tomasi é fillo adoptivo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa e encargouse da edición italiana do Gatopardo. A partir da devandita edición, fíxose a tradución galega de Xavier Rodríguez Baixeras publicada por Editorial Galaxia na colección […]
Notas de lectura
Xosé Carlos Caneiro dedica semanalmente a súa columna do suplemento Fugas (La Voz de Galicia) a salientar lecturas do seu interese. Nesta ocasión son tres títulos de Galaxia, novos e menos novos, que podes consultar aquí
Boas vacacións

Na Editorial Galaxia marchamos de vacacións ata os primeiros días de setembro. Agora, toca gozar do verán e aproveitalo para recargar a batería do móbil emocional, poñer o aire acondicionado en clave galega e mergullarnos, máis aínda, no proxecto de fidelidade á terra e á cultura galegas que fixo nacer esta editorial en 1950 e […]
As Maimiñas e Paco Nogueiras na Semana da Música Infantil da Coruña

Esta fin de semana tamén será tempo para a boa música infantil na Feira do Libro da Coruña. Chega á súa fin a Semana da Música Infantil que producimos dende a Editorial Galaxia e que constituíu un enorme éxito de asistencia, coa carpa chea todos os días sen excepcións de cativada con ganas de cantar […]