Un ano sen Benxamín

Categoría: Nova

O 30 de agosto do pasado ano deixábanos Benxamín Casal (Lugo, 1935 ), intelectual galeguista, enxeñeiro agrónomo de profesión, home de conciliacións e consensos, profundamentre vencellado ao proceso de transición política cara á democracia e a autonomía de Galicia a partir de 1975 e presidente de Editorial Galaxia nos últimos anos da súa vida.
Con el iniciamos un proceso de crecemento e cambios que nos próximos meses, e sobre todo no vindeiro ano 2015, deberían empezar a dar os primeiros froitos: o proxecto Mar Maior (Arxentina, Bruxelas, Madrid) e a Platafdorma Dixital, deseñados para lanzar a cultura e a creación galega cara a novos horizontes, que ben que necesitamos. Benxamín Casal era un dos motores deste proxecto, e moito o botamos de falta.

Compartir na redes sociais: