Presentouse a versión para móbiles e tablets de SEMPRE EN GALIZA

Onte, no marco da Feira da Coruña, Marcelino Fernández, xerente do Consello da Cultura Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Francisco Castro, coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, presentaron a versión aumentada do Sempre en Galiza de Castelao. Francisco Castro explicou durante a demostración do funcionamento desta aplicación para tablets e móbiles […]

Presentación de DÍAS DE CUBA na Coruña

O escritor Xosé Neira Vilas presentará o seu libro DÍAS DE CUBA acompañado do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Ao tempo presentarase "Crónica dunha fecunda amizade", de Ed. Volanda. Sobre este novo libro de Neira Vilas o crítico literario Ramón Nicolás escribiu que estamos diante "dunha indispensable fonte de datos e vivencias, un […]

Concerto de Luis Emilio Batallán en Celanova

O cantautor Luis Emilio Batallán presentará o seu novo libro-disco HABÍA QUE CHEGAR. Celebrarase no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova e a entrada será de balde. Luis Emilio Batallán, autor do disco en galego máis vendido da historia (Ahi ven o maio, 1975), lanza o seu novo álbum 'Había que chegar', publicado por Editorial […]

Xoán Curiel na Semana da Música Infantil da Coruña

Xoán Curiel e Jara Ortiz subirán ao escenario da Semana da Música Infantil na Coruña para interpretar algúns dos temas da novela-disco ESTAMOS NO VERÁN!!! Ambos os dous participarán dentro deste ciclo de música infantil que a Editorial Galaxia produce e que comezou o luns e que rematará o vindeiro domingo. Desta volta teremos ocasión […]

Presentación da edición aumentada de SEMPRE EN GALIZA

Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Francisco Castro, editor e escritor, presentarán a Edición Aumentada do SEMPRE EN GALIZA preparada en colaboración co Consello da Cultura Galega co gallo dos 70 anos da publicación do libro. Trátase dunha app para tablets e móbiles Apple e Google Android, de descarga gratuíta, editada polo Consello […]

Publicamos a nova novela de Isabel Freire

Dende hai uns días xa está nas librerías de todo o país o novo libro, desta volta unha obra de teatro infantil, de Isabel Freire e que se titula 'Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta', ilustrado por María Lires (Árbore 10 anos). O LIBRO Baltasar queda durmido no sofá da casa […]

Tertulia arredor do libro MATERNOSOFÍA de Inma López Silva

Mañá mércores e dentro dos actos da Feira do libro da Coruña, a escritora Inma López Silva manterá unha conversa con Olivia Tudela e co escritor e editor Francisco Castro arredor do seu libro MATERNOSOFÍA. Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin […]

Presentación-concerto de 'Estamos no verán!!!' en Betanzos

O músico Xoán Curiel presentará a novela-disco da súa autoría e Charo Pita, na librería Biblos ás 20 h. cun pequeno concerto cheo de música e historias e co espírito de facer participar ao público e mergullar aos rapaces e rapazas nun soño de verán… Nesta novela-disco cóntasenos a historia duns amigos que queren ter […]