Sobre O Gatopardo: entrevista con Gioacchino Lanza Tomasi

Categoría: Nova

No xornal La Voz de Galicia, publícase unha interesante entrevista con Gioacchino Lanza Tomasi realizada por Héctor J. Porto. Lanza Tomasi é fillo adoptivo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa e encargouse da edición italiana do Gatopardo. A partir da devandita edición, fíxose a tradución galega de Xavier Rodríguez Baixeras publicada por Editorial Galaxia na colección Clásicos Universais.
Na entrevista, Lanza Tomasi dá unha interpretación absolutamente atinada da novela de Lampedusa, inseríndoa na narrativa modernista e comparándoa coa película na que Luchino Visconti adoptou O Gatopardo. Unha boa ocasión para volver sobre esta obra mestra da narrativa do século XX.

Compartir na redes sociais: