Na Editorial Galaxia marchamos de vacacións ata os primeiros días de setembro. Agora, toca gozar do verán e aproveitalo para recargar a batería do móbil emocional, poñer o aire acondicionado en clave galega e mergullarnos, máis aínda, no proxecto de fidelidade á terra e á cultura galegas que fixo nacer esta editorial en 1950 e que vai continuar, da man dos novos proxectos, no futuro.
Que sexa un verán cheo de libros, de papel e electrónicos. Para ler en familia, sobre todo cos pequechos, facendo que a lingua galega lles entre abeirada á beleza das ilustracións e das músicas na fala de nós. Que sexa un verán para descobrir aos nosos novelistas ,poetas, ensaístas… autoras e autores a cada día máis recoñecidos e recoñecidas polo mundo adiante. Que sexa un verán de amantes das palabras de nós, para facerlle as beiras á lingua, para reemplazar a tristura dos días serios pola luz do sol e a súa caloriña.
Volvemos en setembro.
Con máis ganas aínda.