Volven os Toribio de Carlos Casares

Mañá ás 12.00h no CEIP García Barbón de Vigo terá lugar o acto de presentación da serie infantil dos Toribio. Cun contacontos para os máis pequenos e pequenas do centro celebraremos a saída novamente dos Toribios e darémoslle a coñecer a figura do escritor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras […]
O Hostal dos Reis Católicos recordará cunha placa os nenos da varíola

Con motivo do lanzamento do libro Os nenos da varíola mañá, 14 de febreiro ás 11.30h, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, onde estaba a antiga inclusa do Hospital Real, realizarase unha homenaxe aos cinco nenos que de alí saíron para formar parte dunha das maiores xestas médicas da historia. Ás 11.30h terá lugar […]
Quecendo motores neste Ano Casares

A Editorial Galaxia presentou hoxe en rolda de prensa xunto a outras entidades, algunhas das actividades que imos desenvolver en colaboración coa Xunta de Galicia relacionadas coa obra de Carlos Casares. Ademais de todo o que como Galaxia facemos, como son as novas edicións dos seus libros, a recuperación da saga dos Toribios (que esta semana […]
Os nenos da varíola, a nova novela de María Solar

Dende hoxe nas librarías OS NENOS DA VARÍOLA, a nova novela da escritora María Solar. Nesta novela, a máis ambiciosa da autora, recupera un dos episodios máis incribles e descoñecidos da medicina mundial que ten como protagonistas a moitos galegos. En 1803 os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras […]
A candidata, de Miguel Sande, preséntase en Compostela

Unha novela intensa, dura e desacougante sobre a complexidade dos tempos de crise ruín que nos tocou vivir. Mañá tedes a oportunidade: achegádevos á presentación de ‘A candidata’ de Miguel Sande, a novela gañadora do Premio García Barros deste ano, publicada por Galaxia. Será na Librería Cronopios en Compostela, ás 20:00h. Por alí andaremos, a […]
Pelerinaxes nominada aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimoquinta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega. O filme Pelerinaxes foi nomeado na sección “Mellor documental”. É a historia de Luzía que percorre as etapas da pelerinaxe que fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco e […]
Castelao en cómic da man de Kiko da Silva

Kiko da Silva adapta catro relatos de Castelao á banda deseñada para un libro que publicará Galaxia en maio. A idea xurdiu a partir da publicación de ‘O retrato’ por parte de O Garaxe Hermético no Diario de Pontevedra”. “Foi a partir desa experiencia que naceu este proxecto”, di o debuxante e director da escola […]
A cidade, o videoclip dunha das cancións de Canta o cuco, nominado aos Mestre Mateo

O videoclip “A cidade”, elaborado para a canción do mesmo título publicada no noso Librodisco Canta o cuco. Uxía e Magín na casa de Manuel María vén de ser nominado aos Mestre Mateo na categoría de Mellor Videoclip. Parabéns a quen o fixo posible, Marcos Nine e Otto Roca, e a Uxía e Magin Blanco. […]