A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimoquinta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega.
O filme Pelerinaxes foi nomeado na sección “Mellor documental”. É a historia de Luzía que percorre as etapas da pelerinaxe que fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido. Luzía fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro morto nun accidente.
O filme está dirixido por Simone Saibene e publicado nun libro dvd na Editorial Galaxia.
Esta semana proxectouse no cinema Numax esta peza entre a ficción e o documental inspirado no libro Pelerinaxes I, e que fai o mesmo camiño que fixeran en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido. Tras a proxección do filme presentouse tamén o libro-DVD homónimo. No acto participaron as actrices Isabel Risco e Carmen Méndez, que forman parte do elenco, Víctor Freixanes e Xosé Manuel Soutullo, por parte da Editorial Galaxia e o director do documental que mestura o cinema on the road, a literatura de viaxes e o amor pola cultura galega.
Parabéns!!