Máis aló do azul e do rosa en Betanzos

O 8 de febreiro, na libraría Biblos de Betanzos, preséntase o libro Máis aló do azul e do rosa, de Ana Torres Jack. Ás 20.00 na compañía de Ana Saavedra e Malores Villanueva e agardamos que tamén na túa. Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda […]

Volven os Toribios de Carlos Casares

Toribio é un neno de 8 anos, inventor de moitas cousas e que vive enfrontado ao temible profesor Smith. Unha serie de cinco contos destinada ao público máis pequeno. O primeiro título, Este é Toribio, publicouse en 1991, ano no que sairía tamén Toribio contra o profesor Smith. Despois chegarían Toribio ten unha idea, Toribio […]

Versos para conversar, de Xoán Carlos Dominguez, no Caderno da crítica

Xoán Carlos Domínguez vén de publicar Versos para conversar, poesía que vai de ti para min. Poesía para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas e para recitar e falar. Unha pequena folerpa poética na que repara o crítico Ramón Nicolás na súa bitácora Caderno da crítica. “Dominado por unha […]

Os Cabezombis na Mansión Espello, hoxe no Faro da Cultura

Os Cabezombis da Mansión Espello é a primeira novela de Patricia Mallo, a escritora viguesa que se estrea na literatura cun texto de “desenfadada expresión”, como titulan hoxe no “Faro da Cultura” do xornal Faro de Vigo. A recensión, asinada por María Navarro, pon énfase na “desbordante imaxinación que a escritora canaliza en forma de […]

Segunda impresión de Pitusa Semifusa e novo libro en xuño!

Chega á editorial a segunda imprensión de Pitusa Semifusa, a nena que nos ensinou os instrumentos musicais. A súa avoa era directora de orquestra e, aínda que non a coñeceu, deixou mandado que se algunha vez tiña unha neta, quería que lle regalasen un gramófono. Pitusa quere sabelo todo sobre a música e os instrumentos […]

Presentación de Máis aló do azul e do rosa na Coruña

O 1 de febreiro, na librería Moito Conto da Coruña, preséntase o libro Máis aló do azul e do rosa, de Ana Torres Jack. Ás 19.30 na compañía de María Luísa Abad e Francisco Castro e agardamos que tamén na túa. Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre […]

Sabela González entrevistada en Biosbardia por Sangue de lúa

Hoxe aparece en Biosbardia unha interesante entrevista coa autora da saga As crónicas de Landereina, Sabela González. Está de actualidade porque acaba de publicar o último título da triloxía, Sangue de lúa, que se une a Bágoa de lúa e Feitizo de sangue. Acaba unha triloxía pero confesa que seguirá a escribir dende a fantasía, porque […]

Os nenos da varíola, a nova novela de María Solar

En 1803, os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Pose y Roybanes coñece a envergadura […]