Kiko da Silva adapta catro relatos de Castelao á banda deseñada para un libro que publicará Galaxia en maio. A idea xurdiu a partir da publicación de ‘O retrato’ por parte de O Garaxe Hermético no Diario de Pontevedra”.
“Foi a partir desa experiencia que naceu este proxecto”, di o debuxante e director da escola de banda deseñada de Pontevedra ao respecto da publicación, o vindeiro mes de maio, de Castelao. Alma galega.
A editorial Galaxia anunciou hai uns días que Kiko da Silva adaptaría catro relatos curtos de Castelato ao cómic e que os publicaría nun novo volume. Trátase de contos que aparecen orixinalmente en Retrincos e Cousas. Co novo título, Galaxia pretende reforzar a aposta do pola banda deseñada en Galicia e así ao longo de 2017 sairán ata tres novelas gráficas “nunha aposta clara por este formato”.
A nova completa pode lerse no Diario de Pontevedra.
A nova completa pode lerse no Diario de Pontevedra.