A candidata, de Miguel Sande, preséntase en Compostela

Categoría: Nova

Unha novela intensa, dura e desacougante sobre a complexidade dos tempos de crise ruín que nos tocou vivir. Mañá tedes a oportunidade: achegádevos á presentación de ‘A candidata’ de Miguel Sande, a novela gañadora do Premio García Barros deste ano, publicada por Galaxia. Será na Librería Cronopios en Compostela, ás 20:00h. Por alí andaremos, a canda o autor, a actriz Mónica Camaño, a sexóloga Martina González Veiga e mais a editora Malores Villanueva.

Compartir na redes sociais: