Versos para conversar, poesía infantil para soñar

Xoán Carlos Domínguez Alberte presentou en Celanova, na Fundación Curros Enríquez, o seu último libro Versos para conversar. Alí, na terra de grandes poetas como Curros ou Celso Emilio Ferreiro, de poetas comprometidos co seu tempo, coa súa lingua e co seu país, convocounos o autor para escoitar poesía. A poesía é un xénero combativo […]

Víctor F. Freixanes novo presidente da Real Academia Galega

Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) converteuse onte no novo Presidente da Real Academia Galega por decisión do plenario. Despois do mandato de Alonso Montero, Víctor F. Freixanes toma o relevo apostando por unha liña continuísta e por crear espazos de afecto, de conexión da Academia coa sociedade. Ata o pasado mes de decembro Víctor F. […]

Le as primeiras páxinas da biografía de Rosalía de Castro

Dende que chegou ás librarías entre as novidades deste mes de marzo, a nova biografía de Rosalía de Castro asinada pola profesora María Xesús Lama ten levantado unha grande expectación entre os lectores. Para aqueles que aínda non se achegase ás súas páxinas, traémosvos hoxe o inicio do primeiro capítulo deste primeiro volume que abrangue […]

Kiko da Silva e Castelao, alma galega na Universitat de Barcelona

Co gallo do Saló do cómic de Barcelona, o vindeiro 31 de marzo ás 12h, na Sala Rosalía, Kiko da Silva (Historietista  e Director de O Garaxe Hermético, Escola Profesional de BD de Galicia) impartirá unha conferencia na Universitat de Barcelona sobre o proceso creativo da BD Castelao, alma galega. Nesta ponencia reivindicará a necesidade […]

O neno inverno de María Canosa: a valentía de ser fráxil

Nas últimas semanas, apareceron na prensa novas lecturas de O neno inverno, o libro co que María Canosa entraba nos fogares dos nenos galegos o pasado Nadal, abordando a relación entre un neno moi especial e un lobo doente. En opinión de Ana Luna Alonso o libro “recupera a entrañable tradición dos relatos contados a […]

Aqueles días en que eramos malas: as cinco Evas de Inma López Silva

Inma López

A revista Tempos Novos publicaba este mes unha reseña do último éxito editorial de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas. Das súas páxinas, Antía Monteagudo destaca o tratamento do tema do mal: “Recupérase o tema do Xénese da culpabilidade da muller, cando, a causa da desobediencia de Eva, Deus expulsa os humanos do […]

Presentación en Compostela de O libro das Seniguais e do único Senigual

Mañá ás 20h, preséntase na Librería Lila de Lilith O libro das Seniguais e do único Senigual, un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora, María Rosa Lojo, naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis […]

Sacar a lingua é de mala educación?

Chega estes días ás librarías Sacar a  lingua é de mala educación, o último manual do escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC Manuel Núñez Singala. Publicado na nosa Biblioteca de Intervención Social/Didáctica, a través de razóns e evidencias, este volume procura mostrar e demostrar as posibilidades que, tanto a adultos como […]