Os nenos da varíola: moito máis que unha novela xuvenil

Seguen chegando lecturas de Os nenos da varíola de María Solar, un dos grandes fenómenos editorias da tempada, que parece estar gozando tamén co apoio da crítica. Mario Regueira escribe para o Sermos Galiza que “a autora é capaz de tomar, sobre esta base [a dos feitos históricos], as súas propias licenzas. As relacións persoais […]
Presentación para a prensa de Blues para Moraima en Ourense

Esta mañá presentábase nun acto para a prensa no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, Blues para Moraima, a novela coa que Miguel Anxo Fernández gañaba o Premio Blanco Amor no 2016. Unha obra na que se combinan memoria histórica, elementos de thriller policial e unha sentida homenaxe ao cinema político. Miguel Anxo Fernández asina […]
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Esta empresa Editorial Galaxia participa nun proxecto de internacionalización, operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Como apoio ao proceso de internacionalización, esta empresa Editorial Galaxia ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE (Programa Plan Foexga 2016-2017) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do […]
O misterio de Portomarín: a exitosa estrea de Antía Yáñez

Estes días, sabiamos da segunda reimpresión en apenas catro meses de O misterio de Portomarín, a primeira novela de Antía Yáñez Rodríguez que non deixa de sumar lectores e que se convertiu nunha das sorpresas da tempada entre as novidades da literatura xuvenil. O pasado 24 de marzo, O misterio de Portomarín presentábase na Librería Nobel […]
Dous poemas de Nunca mascotas finalistas dos premios aRi[t]mar

Dous poemas do último libro de Paula Carballeira, Nunca mascotas, están entre os finalistas dos premios aRi[t]mar ao mellor poema galego do 2016. “Nunca mascotas” e “Memoria” foron os seleccionados polo xurado de entre os poemas que enchen un libro sobre animais que son máis persoas que as persoas, pero nunca mascotas, un libro sobre […]
As novidades de Galaxia entre os máis vendidos no Taboleiro do libro galego

Algúns dos últimos títulos publicados pola Editorial Galaxia enchen estes días a lista dos máis vendidos no Taboleiro do libro galego que mes a mes elabora o crítico Ramón Nicolás. Na sección de narrativa, Ana Cabaleiro arrasa coa súa estrea literaria, Sapos e sereas, un monllo de relatos que rompen cos esquemas preconcibidos e loitan […]
Xa está aquí unha nova edición do Inspiraciencia

Un ano máis chega o Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica que organiza a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Cataluña e o Institut de Ciència de Materials de Barcelona, e no que a Editorial Galaxia colabora como unha das entidades convocantes dende o seu nacemento. Os participantes poderán presentar relatos […]
Presentación de SANTIAGO INVISIBLE na Coruña

Santiago Invisible é un proxecto solidario para Médicos sen Fronteiras que edita a Editorial Galaxia xunto ó Consorcio de Santiago. O médico e fotógrado Chema Ríos presenta mañá na Coruña este libro de imaxes de Compostela dende diferentes perspectivas. Durante sete anos fotografou as partes da cidade menos visibles e pediulle palabras para esas imaxes […]