Sacar a lingua é de mala educación?

Categoría: Nova

Chega estes días ás librarías Sacar a  lingua é de mala educación, o último manual do escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da USC Manuel Núñez Singala. Publicado na nosa Biblioteca de Intervención Social/Didáctica, a través de razóns e evidencias, este volume procura mostrar e demostrar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe inserida nunha Europa multilingüe e nun contexto mundial dunha inmensa riqueza lingüística. A aprendizaxe de idiomas (así, en plural), descóbrese entón como unha ferramenta para a que todas as nenas e nenos están capacitados e para a que nacen dotados cunhas aptitudes excepcionais durante os seus primeiros anos de vida. É pois a nosa obrigación aproveitar e desenvolver esas aptitudes, e así o defende Núñez Singala. Porque en cuestión de linguas o importante sempre é sumar.
 

Compartir na redes sociais: