Mañá ás 20h, preséntase na Librería Lila de Lilith O libro das Seniguais e do único Senigual, un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora, María Rosa Lojo, naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. O libro está ilustrado pola artista Leonor Beuter (unha das pintoras con máis proxección do continente americano), a toda cor, buscando tirar do prelo non só un libro fermoso senón unha obra de alta calidade literaria, artística e editorial. Acompañando ás autoras, estará o escritor Víctor F. Freixanes. Agardámosvos!