Dende que chegou ás librarías entre as novidades deste mes de marzo, a nova biografía de Rosalía de Castro asinada pola profesora María Xesús Lama ten levantado unha grande expectación entre os lectores. Para aqueles que aínda non se achegase ás súas páxinas, traémosvos hoxe o inicio do primeiro capítulo deste primeiro volume que abrangue dende o nacemento de Rosalía en 1837 ata 1863, ano da publicación de Cantares gallegos.
Cun enfoque novidoso e un pulo investigador que converten a lectura nunha pescuda apaixonante na vida da autora de Follas novas, este primeiro volume repasa os feitos chave da infancia e formación de Rosalía de Castro. Desvélase aquí a orixe acomodada e urbana dunha rapaza que medra gozando do ocio e benestar da súa clase, desmóntase a teoría do trauma da orixe e aclárase de xeito incuestionable o asunto da paternidade. Tamén se cuestiona a mediación de Murguía no acceso ao mundo cultural por parte de Rosalía e no seu emprego do galego como lingua literaria, indágase nos motivos da súa viaxe a Madrid e ofrécese un retrato poliédrico da autora, lonxe dos tópicos e das sucesivas simplificacións da súa figura.
Descarga as primeiras páxinas de Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) aquí.