A revista Tempos Novos publicaba este mes unha reseña do último éxito editorial de Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas. Das súas páxinas, Antía Monteagudo destaca o tratamento do tema do mal: “Recupérase o tema do Xénese da culpabilidade da muller, cando, a causa da desobediencia de Eva, Deus expulsa os humanos do Paraíso condenándoos a unha vida de dor. O papel da beleza e da docilidade que se lles reservou na historia ás mulleres rómpese nesta obra ao presentarnos como protagonistas a cinco pecadoras. Pero, no fondo, está o debate sobre quen é a vítima e quen o verdugo e sobre as circunstancias que propician os nosos comportamentos. Unha historia contada de forma moi intelixente e que nos anima a pensar sobre o noso propio papel ante o mal”.
Podes ler a reseña ao completo aquí.