Co gallo do Saló do cómic de Barcelona, o vindeiro 31 de marzo ás 12h, na Sala Rosalía, Kiko da Silva (Historietista e Director de O Garaxe Hermético, Escola Profesional de BD de Galicia) impartirá unha conferencia na Universitat de Barcelona sobre o proceso creativo da BD Castelao, alma galega.
Nesta ponencia reivindicará a necesidade de inspirarse na tradición e cultura propias co obxetivo de diferenciarse e enriquecer o panorama cultural global, o poder da BD e da cultura galega para xerar influencias máis alá das nosas fronteiras, e fomentar o coñecemento do folclore e lendas propios. As historias non hai que ir a buscalas ás américas, a orixinalidade está no propio, no cotiá.
A Editorial Galaxia publicará un libro de BD que adapta catro relatos curtos de Castelao pertencentes a Retrincos (1934) e Cousas (1926) titulado Castelao, alma galega. A adaptación estará a cargo de Kiko da Silva (Premio Castelao de BD en 2014) e do seu equipo, formado por alumnado do Garaxe Hermético.