Dombate Primavera de Poesía chegou ao seu remate

Cheo de versos, novos, vellos, relidos, descubertos, inventados… Así se pechou “Dombate Primavera de Poesía”, un ciclo desenvolvido no concello de Cabana coa colaboración da Deputación da Coruña e da Editorial Galaxia, que nomeou a súa colección de poesía baixo o signo do dolmen máis famoso de Galicia. Entre o 19 e o 27 de […]

As Cancións para desafinar da Gramola Gominola nos medios de comunicación

Nas últimas semanas, A Gramola Gominola estivo presentado Cancións para desafinar, o seu último traballo publicado na colección Sonárbore, nalgúns medios de comunicación, e despois de sabermos que son finalistas por segundo ano consecutivo nos Premios Martín Códax da Música, sobran as recomendacións, mais velaquí vos deixamos unhas poucas. Así por exemplo, nesta entrevista en La […]

O porco de pé: un clásico imprescindible

Co gallo do aniversario do pasamento de Vicente Risco, dende a Editorial Galaxia convidámosvos a ler a nova edición de O porco de pé anotada pola profesora Olivia Rodríguez González, que axudan a deitar luz sobre aspectos clave como a transmisión textual, o sentido do texto ou as referencias culturais. O pasado venres, o escritor […]

De camiños, viaxeiros e camiñantes: eloxio do vagamundar

César Lorenzo Gil publicaba hoxe no blog Biosbardia, unha crítica sobre De camiños, viaxeiros e camiñantes, o ensaio co que Santiago Lamas e Alfonso Mato gañaron o Premio Ramón Piñeiro 2015 reflexionando sobre o significado cultural das viaxes e a súa relación directa coa literatura e o acto da lectura. Lorenzo Gil destaca que ” […]

Novidade editorial: Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

Chega ás librarías estes días Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, a última entrega no eido da literatura xuvenil de Marilar Aleixandre. O libro, publicado na colección Costa Oeste, de Morxiana, a verdadeira protagonista do conto de Alí Babá, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, […]

A galiña azul despediu a súa xira no programa FalaRedes

A actividade de dinamización lingüística A galiña azul despide estes días o seu paso polo programa FalaRedes en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Á función do pasado 11 de abril en Lalín, a penúltima antes da derradeira en Cangas, acudiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, […]

A viaxe ferroviaria de Carlos Casares

A semana pasada, Xesús Fraga publicaba en La Voz de Galicia esta extensa reportaxe sobre O expreso da literatura e outros ensaios, a escolma de artigos e conferencias sobre escritores de Carlos Casares que a Editorial Galaxia vén de publicar con motivo do Día das Letras Galegas deste 2017. “É sabido que entre as afeccións […]

A soidade das medusas: o futuro da narrativa galega

Mario Regueira detíase hoxe a falar na súa columna semanal de libros no Sermos Galiza de A soidade das medusas, o segundo libro de Iria Collazo. Regueira loubaba esta nova entrega que “a pesar da súa brevidade […] é unha engrenaxe coidadosamente armada, cunha estrutura que redonde unha proposta xa de por sí orixinal. Baixo […]