Mario Regueira detíase hoxe a falar na súa columna semanal de libros no Sermos Galiza de A soidade das medusas, o segundo libro de Iria Collazo. Regueira loubaba esta nova entrega que “a pesar da súa brevidade […] é unha engrenaxe coidadosamente armada, cunha estrutura que redonde unha proposta xa de por sí orixinal. Baixo a aparencia dunha colección de relatos, a narracion vai deixando fíos que recuperará máis adiante, tecendo así unha obra complexa que en realidade está contando retallo dunha mesma historia, enfocándoa desde distintos ángulos e parando no lugar onde as vidas duns personaxes se cruzan coas de outros”.
E conclúe: “Iria Collazo ofrécenos nesta segunda obra narrativa unha literatura que non tema explorar novos camiños e que redondea unha voz singular, cunha personalidade innegábel e coa ambición innovadora que a fai merecedora de facer parte daquelas que artellarán o futuro inmediato da nosa narrativa”.
Podes ler a crítica ao completo aquí.