Co gallo do aniversario do pasamento de Vicente Risco, dende a Editorial Galaxia convidámosvos a ler a nova edición de O porco de pé anotada pola profesora Olivia Rodríguez González, que axudan a deitar luz sobre aspectos clave como a transmisión textual, o sentido do texto ou as referencias culturais.
O pasado venres, o escritor Diego Ameixeiras dedicáballe tamén o seu espazo de opinión no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, a reivindicar a vixencia deste clásico atemporal: “A ningún escritor galego como a Vicente Risco lle acae tan ben a consideración de inaudito. […] En dez anos habemos celebrar o século de vida de O porco de pé e todo apunta a que seguiremos padecendo o despotismo dalgún Celidounio. Pero esa é outra historia”.