Chega ás librarías estes días Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, a última entrega no eido da literatura xuvenil de Marilar Aleixandre. O libro, publicado na colección Costa Oeste, de Morxiana, a verdadeira protagonista do conto de Alí Babá, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda. E, sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia. Marilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre. Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empoderándose. Muller de seu.
Pídeo xa na túa libraría!