Nordeste e Todo canto fomos finalistas do Premio San Clemente

Daniel Asorey e Xosé Monteagudo son finalistas galegos da XXIII edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Nordeste e Todo canto fomos, respectivamente. Os Premios Arcebispo Juan de San Clemente naceron dunha iniciativa do director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e de dous profesores de matemáticas, Francisco López Piñeiro e Maribel Marín; con tres […]
Feliz Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos a Carlos Casares, un escritor desta Galaxia. Toda a súa obra está publicada nesta editorial, foi o noso director xeral dende 1986 ata o seu falecemento e non podemos sentir maior orgullo que celebralo da mellor maneira que sabemos, reivindicando a súa literatura. Carlos Casares é un dos grandes narradores galegos de todos […]
A Editorial Galaxia ocupa as preferencias dos lectores e das lectoras

O Taboleiro do libro galego volve un mes máis, nesta ocasión da man de Cicloxénese Explosiva, despois de que durante moito tempo Ramón Nicolás o confeccionase. Os lectores e as lectoras galegas escollen obras da Editorial Galaxia para gozar de historias, de poesía e dunha gran biografía como a de Rosalía de Castro. O libro máis vendido […]
Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira, no Diario Cultural

Paixón, distancia crítica e moito humor son os vimbios cos que traballou Emma Pedreira en Bibliópatas e fobólogos. Nun rexistro novidoso e con esa retranca tan nosa que a autora emprega na busca de comprensión e complicidade co público. Este conxunto de relatos, de factura moi diversa, tende á brevidade, busca o repentismo, a sorpresa. […]
AIRE, de María Fumaça, Premio Martin Codax

Aire, o novo proxecto musical de María Fumaça, mereceu onte o Premio Martin Codax na categoría infantil. Estaban nominados tamén A Gramola Gominola e a Pesdelán, dous fantáticos grupos. Aire son cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. […]
Sapos e sereas no Diario Cultural da Radio Galega

Chus Nogueira fala na páxina narrativa do Diario Cultural da Radio Galega sobre o conxunto de relatos Sapos e sereas, de Ana Cabaleiro. Catro textos precedidos de cadansúa cita, algunhas delas sorprendente, que encabezan os distintos relatos que adquiren unidade cun epílogo non narrativo. Para Chus Nogueira hai moito de reescritura de personaxes, de mitos, da literatura, […]
O ano Carlos Casares nos centros de ensino

Á Editorial Galaxia van chegando pouco a pouco algúns dos traballos que nos centros de ensino de toda Galicia se levan a cabo para conmemorar o día das Letras Galegas deste 2017 adicado á figura do escritor Carlos Casares. Entre as últimas e máis sorprendentes achegas, traémosvos este vídeo elaborado coa técnica stop motion polo […]
Vigo: a man da xente xa está no fogar dos vigueses

Nun acto para a prensa hoxe na Alcaldía de Vigo, Abel Caballero deu a coñecer o proxecto de edición de Vigo: a man da xente, un relato pouco coñecido e case inédito ata o momento que Carlos Casares publicara nunha revista universitaria e que xira en torno á súa concepción da cidade de Vigo. O […]