Miguel Anxo Murado, Pedrón de Honra 2015

O escritor e xornalista Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) vén de ser recoñecido co Pedrón de Honra, premio que anualmente concede a fundación Pedrón de Ouro e que se entrega na vila de Padrón, na casa da Matanza, onde viviu os seus derradeiros anos a escritora Rosalía de Castro. A entrega deste ano está convocada […]

Apertura da mostra "Laranxeiras e limoeiros" en Pontevedra

Dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional do Libro e da Lectura, Victor F.Freixanes, Ana Acuña e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro Portela, participan esta tarde ás 20h no Pazo da Cultura de Pontevedra na apertura da mostra "Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros". A exposición, que permanecerá visitable ata o 31 de […]

Presentación de 'O faro escuro' de María López Sandez en Brión

O próximo 23 de abril, Día Internacional do Libro, a Libraría Mainomen de Bertamiráns e o Concello de Brión presentarán o libro "O faro escuro" de María López Sández, publicado pola Editorial Galaxia. O acto terá lugar na Casa da Cultura de Brión ás 20:30 hrs e canda a autora participarán a profesora e crítica […]

Presentación de TES ATA AS 10 en Madrid

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, na Casa de Galicia en Madrid. O autor será presentado pola profesora Carme Lamela. Logo de presentar na capital de España, hai un ano o seu O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, nesta ocasión, […]

Na semana grande do Libro

Este xoves, como cada 23 de abril celebrarase en todo o mundo o Día do Libro. A efemérede celébrase tamén en Galicia e serán os descontos nas librerías, os libros nas rúas, os especiais nos xornais, elementos que porán en valor o libro, e, sobre todo, a lectura. O 23 de abril é unha data […]

Nova edición para AS SETE MORTES

A pesar de que xa saiu hai ben de tempo, o libro de Carlos Vila Sexto, AS SETE MORTES, que pubicamos na colección Costa Oeste, volve de novo ás librerías cunha nova reedición, o que é indicativo do éxito, continuado no tempo, desta novela de intriga que non nos solta dende as primeiras liñas. Os […]

ESTAMOS NO VERÁN!!! en Compostela

Este domingo, Xoán Curiel e banda Son + D2 levan o seu espectáculo musical ao Teatro Principal para ofrecernos o espectáculo ESTAMOS NO VERÁN!!! e que forma parte da novela-disco do mesmo nome e da que Charo Pita escribiu a parte literaria. Estamos diante dun espectáculo de danza e música para toda a familia a […]

Presentación de 'O faro escuro' de María López Sandez en Pontevedra

Dentro dos actos da Feira do Libro de Pontevedra a Editorial Galaxia presentará o libro de María López Sández, 'O faro escuro'. Acompañarán á autora, Xosé Monteagudo, escritor, e o editor Carlos Lema. En 'O faro escuro', María López Sández cóntanos a historia dunha xornalista de éxito, Catalina Moscoso, que desaparece na costa galega. A […]