Nova edición para AS SETE MORTES

Categoría: Nova

A pesar de que xa saiu hai ben de tempo, o libro de Carlos Vila Sexto, AS SETE MORTES, que pubicamos na colección Costa Oeste, volve de novo ás librerías cunha nova reedición, o que é indicativo do éxito, continuado no tempo, desta novela de intriga que non nos solta dende as primeiras liñas.
Os protagonistas da historia, un misterioso home de pasado incerto e unha incrible facilidade para sobrevivir, e unha restauradora afectada por un trauma persoal, emprenden unha viaxe que dende Ourense lévaos por toda Galicia pasando por Lugo, O Courel, Fisterra e Santa tegra ata a Torre de Hércules. Unha viaxe desesperada que é ao mesmo tempo unha fuxida para salvar a súa vida e unha procura da súa propia identidade seguindo as pistas atopadas nun antigo pergamiño no que a lenda dos descendentes de Breogán transfórmase en realidade.

Compartir na redes sociais: