ESTAMOS NO VERÁN!!! en Compostela

Categoría: Nova

Este domingo, Xoán Curiel e banda Son + D2 levan o seu espectáculo musical ao Teatro Principal para ofrecernos o espectáculo ESTAMOS NO VERÁN!!! e que forma parte da novela-disco do mesmo nome e da que Charo Pita escribiu a parte literaria.
Estamos diante dun espectáculo de danza e música para toda a familia a través da historia dun grupo de amigos que queren formar unha banda de música nas vacacións de verán, poidan gozar dun serán de domingo especial.
Pensado para cativos entre seis e 12 anos e as súas familias, 'Estamos no verán' combina música e danza con elementos de clown. Seis artistas levan ata Santiago de Compostela un espectáculo cargado de ritmo con música funk, rock, pop, reggae, blues, ska ou bossa nova. As ferramentas dos personaxes, ademáis do seu talento, serán a percusión, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, ukelele, teclado e voces.
Estes seis amigos queren forman un grupo de música nas vacacións de verán e querén que os pequenos formen parte desta aventura nun espectáculo absolutamente participativo.

Prezo das entradas:
5 € / entrada familiar: 4×3 (15 euros)
Puntos de venda
Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349
entradas.abanca.com
Tel.: 902 434 443

Compartir na redes sociais: