Presentación de 'O faro escuro' de María López Sandez en Pontevedra

Categoría: Nova

Dentro dos actos da Feira do Libro de Pontevedra a Editorial Galaxia presentará o libro de María López Sández, 'O faro escuro'. Acompañarán á autora, Xosé Monteagudo, escritor, e o editor Carlos Lema.
En 'O faro escuro', María López Sández cóntanos a historia dunha xornalista de éxito, Catalina Moscoso, que desaparece na costa galega. A inspectora Neira, que a coñece desde anos atrás, encárgase do caso. A Catalina, alguén quere facerlle redimir o seu propio sentimento de culpa. Porque fixo algo que a sociedade non quere asumir se se trata dunha muller.
Unha novela de intriga que está a enganchar a público e crítica literaria.

Compartir na redes sociais: