Apertura da Exposición sobre o centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Organizada polo Concello de Vigo e a Fundación Penzol, ás 12 da mañá do 17 de abril quedará aberta ao público a exposición titulada 'Centenario de Xosé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985). O obxectivo desta mostra e conmemorar o centenario do nacemento deste ilustre galeguista que naceu en Tui […]

Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros

A Casa das Campás acollerá mañá mércores 15 de abril ás 19h a presentación do libro Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, un volume que reúne os textos que 19 autores e autoras contemporáneas lle adican á cidade, acompañados polas imaxes da novísima fotógrafa pontevedresa Noel Queipo. Participarán no acto as coordinadoras do libro, Ana Acuña e […]

A ESMORGA, película máis galardoada nos Premios Mestre Mateo

No PALEXCO da Coruña celebrouse na noite do sábado a gala dos Premios Mestre Mateo que recoñecen as mellores producións audiovisuais de Galicia. A ESMORGA, película coproducida pola nosa editorial, foi a máis galardoada da noite, concretamente con seis premios, concretamente para o o actor Antonio Durán ‘Morris’, (que conseguiu dous premios a mellor actor […]

O sábado chegou o verán a Santiago

ESTAMOS NO VERÁN!!! é o título do traballo de Charo Pita (novela) e Xoán Curiel (música) que abriu a colección Sonárbore + Grandes de Galaxia. A primeira novela-disco de Galicia leva case que un ano percorrendo o país e enchendo alí onde ten ocasión de despregar o seu talento. Desta volta, o pasado sábado, foi […]

Mañá sábado preséntase en Compostela ESTAMOS NO VERÁN!!!

O Centro Sociocultural de Fontiñas, en Compostela, acolle mañá sábado día 11 de abril ás 18h a presentación de Estamos no verán!!! Un acto literario – musical no que participarán, ademais dos artistas, Serxio Carreira, da Agrupación Cultural O Galo, e Francisco Castro, en representación da Editorial Galaxia. O acceso é libre ata completar aforo. […]

O Espantallo Amigo en Ponteceso

O Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas visitou o Ponteceso da man da Asociación Cultural O Couto, Editorial Galaxia e Os Quinquilláns, tal e como recolle La Voz de Galicia, na súa edición de Carballo. Podedes ler a crónica aquí. Tamén hai unha galería de imaxes e un vídeo que dan boa conta do interese […]

XXVII Edición do Premio de Novela "M. García Barros"

O Concello da Estrada ven de publicar as bases do XXVII Premio de Novela Manuel García Barros, cunha dotación económica de 9.000 euros. O prazo remata o 6 de maio e a obra gañadora é publicada pola Editorial Galaxia. As bases están dispoñibles para descarga neste enlace.

Volve o pensamento de Juan Aparicio?

A recente sentenza do Tribunal Supremo (26-3-2015), desfavorable ao recurso de casación interposto pola Real Academia Galega sobre a presenza do idioma galego no ensino non universitario de Galicia leva, a calquera historiador das ideas lingüísticas, a facer unhas consideracións sobre o xerarca falanxista (con moito mando en praza) que figura no título desta columna. […]