Miguel Anxo Murado, Pedrón de Honra 2015

Categoría: Nova

O escritor e xornalista Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) vén de ser recoñecido co Pedrón de Honra, premio que anualmente concede a fundación Pedrón de Ouro e que se entrega na vila de Padrón, na casa da Matanza, onde viviu os seus derradeiros anos a escritora Rosalía de Castro. A entrega deste ano está convocada para o próximo 31 de maio.
O Premio Pedrón de Ouro, que distngue cada ano unha institución ou persoa que se teña salientado a prol da cultura galega, concedéuselle nesta ocasión aos compañeiros de editorial Laiovento, polo seu labor editorial. O Premio de Honra distingue unha figura residente fóra de Galicia, con méritos semellantes á anterior. Miguel Anxo Murado é un dos nosos xornalistas e escritores máis celebrados.
Editorial Galaxia súmase aos parabéns. Entre os libros do escritor que salientamos nos nosos catálogos están libros de relatos como "Memoria de derribos" (1993), "Ruído" (1995). "Mércores de cinza" (2006) ou "O soño da febre" (Premio da Crítica, 2008); libros de viaxes ou ensaios coma "Caderno de Xapón" (2001) ou "Fin de século en Palestina" (2008), e máis recentemente "Escrito en cafeterías" (2014).

Compartir na redes sociais: