Nova edición de FÁBULA de Xavier Alcalá

Estes días as librarías do país énchense coa saída, e xa van moitas dende o ano 1980, da obra de Xavier Alcalá, 'Fábula', un dos meirandes éxitos da literatura galega canda 'A nosa cinza', tamén de Alcalá. 'Fábula' é un claro exemplo de novela "colada á realidade", adherida a ela coa cola da memoria viva. […]
Presentación de O FARO ESCURO de María López Sández en Santiago

Este sábado e dentro dos actos da Feira do Libro, presentaremos a nova novela de María López Sández, O FARO ESCURO. Acompañarán a autora a crítica literaria Inma Otero e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Estamos diante dunha novela negra, xénero polo que a autora recentemente ten declarado que "e unha continuidade […]
Presentación do novo libro de Manuel Núñez Singala en Santiago

O escritor Manuel Núñez Singala presentará, acompañado de Arturo Ponte en representación da editorial Galaxia, o seu novo libro INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ. Esta obra está a ser unha das novidades literarias máis exitosas do panorama galego ao conseguir varias edicións e moi pouco tempo. Un mollo de relatos, breves, algúns de poucas liñas, que […]
Por que hai que facer música para nenos e nenas?

¿Por que hai que facer música para nenos e nenas? Moi boa pregunta!, se o mesmísimo MacGyver buscase una ferramenta para relaxar, espertar, alegrar, ensinar a lingua, e incluso como ferramenta para logopedas, estimular a imaxinación, coordinación etc., non podería atopar unha mellor multiusos ca a música. Todos temos unha banda sonora na nosa vida, […]
A ESMORGA chega a Madrid

Primeiro será en Madrid, o vindeiro xoves nos Cines Renoir-Princesa ás 22 h e, logo, coa medianoite, coloquio co director, Ignacio Vilar, e os actores Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira e Karra Elejalde. Logo, o 5 de maio, será en Barcelona. A ESMORGA, coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG, aspira así […]
Presentación de A CICATRIZ BRANCA en Compostela

Mañá mércores 29 ás 20h, Margarita Ledo, no NUMAX de Santiago, falará na libraría da edición en libro-dvd do seu último filme de vén de saír na Editorial Galaxia e que leva por título A CICATRIZ BRANCA. Estará acompañada po Pilar Cagiao e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. O DVD vén acompañado […]
Biblioteca Filgueira Valverde

Nace a Biblioteca Filgueira Valverde, dentro das Bibliotecas de Autor de Editorial Galaxia, coa intención da organizar a produción literaria -"Quintana viva" e "O vigairo" – e a inxente produción xornalística do autor, neste caso seleccionada por el mesmo a través dos "Adrais". "Adral" (9 volumes) é a recopilación do máis significativo da obra de […]
Sueños del Gatipedro desembarca en Madrid

O festival Malakids!, unha das principais citas a nivel estatal para o público familiar, acollerá esta fin de semana o lanzamento de Sueños del Gatipedro, unha firma que nace ao abeiro da Editorial Galaxia para achegar a música de calidade aos máis pequenos e pequenas do Estado. Sueños del Gatipedro é un dos patrocinadores do […]