Este xoves, como cada 23 de abril celebrarase en todo o mundo o Día do Libro. A efemérede celébrase tamén en Galicia e serán os descontos nas librerías, os libros nas rúas, os especiais nos xornais, elementos que porán en valor o libro, e, sobre todo, a lectura.
O 23 de abril é unha data importante e un motivo máis que válido para lembrar que o libro existe, que é un obxecto, tamén simbólico, que cómpre coidar. Que é obriga das autoridades políticas favorecer todo o que teña que ver con el. Que a saúde democrática sen a saúde do libro, é imposible. Que a liberdade política, que ten que ver coa liberdade de pensamento, sen libros, é inconcibible.
Nesta semana do libro queremos lembrar tres cousas:
-que o libro existe
-que o libro en galego existe
-que hai aínda millóns de seres humanos no planeta para os que o libro é un obxecto invisible, alleo e inaccesible.
Nesta semana do libro queremos darlle unha aperta de amor aos libros e que os libros poidan apertar a todas as persoas.
En todos os países.
En todas as linguas.