Casares

De maneira convincente —e convencida— Carlos Casares estaba certo que algún día os humanos desfrutarían do don da inmortalidade. Aquela hipótese (probabelmente a que eu máis desexo) soaba aos meus ouvidos, nas mañás da xa desaparecida cafetaría Alameda, como un enunciado procedente de Macondo ou, se caíse nas mans de Cunqueiro, dun relato pertencente a […]
Carlos: a primeira e a derradeira

Sabiamos o un do outro había tempo, Ramón Piñeiro polo medio. Mais nunca nos viramos en Galicia. Tivo que ser en Madrid. Apareceu no meu apartamento co Luís Álvarez Pousa, e observei como andaba a mirar libros polos andeis, ata ficar coa ollada fixa nun de Noam Chomsky. Pareceume curioso que un de Letras reparase […]
Con Carlos en Londres tralas pegadas de Sherlock Holmes

Compartín algunhas viaxes con Carlos. Gardo especial lembranza dos días que pasamos xuntos en New York, Berlín e Barcelona, cidades que adoraba e que coñecía polo forro. Unha das estadías máis divertidas que disfrutei na súa compaña aconteceu durante un congreso de estudos galegos en Londres. Partillamos aquel xuntoiro con máis amigos, como Víctor […]
Todos mirabamos o mesmo

Foi un andar de outono por un anaco do camiño xacobeo. Comezaramos no Cebreiro cunha cea de acollida e dando conta, por aquilo de coller forzas e facer boca, dun cabrito ao forno en compañía de viño xeneroso e de pan mestura de trigo e centeo (lugués de todo). Catro días despois acabamos o andar […]
Crónica das Letras 2012 en Madrid

Xa pasaron quince anos. Quince anos (e máis do nacemento) dun movemento literario de expresión galega en Madrid que foi chamado Grupo Bilbao e que quedou con ese nome non se sabe moi ben por que razóns. Hai moitas incógnitas arredor del, aínda que pareza mentira, como quen é parte dese grupo exactamente (moita brincadeira […]
VPA e a crise

Hai uns días, o fillo de Valentín Paz-Andrade puña ao seu pai como exemplo posible de camiño a imitar para sair da crise. A idea deixoume pensando un bo anaco. E cheguei a conclusión de que si. Claro que si. Valentín Paz-Andrade é digno de admiración como home de letras, como galeguista comprometido cunha idea […]
Deixounos don Xaime

Non é doado resumir nunhas poucas liñas o sentimento que deixa en todos nós, homes e mulleres da Editorial Galaxia, o pasamento de Xaime Isla Couto, un dos nosos fundadores. Convivimos con el durante anos e durante anos sentimos arredor o seu pulo, o seu entusiasmo contaxioso, as súas ganas de vivir, esa capacidade de […]
Carlos Casares escribe sobre Riveiro Coello

O 11 de xaneiro de 2001, no seu moi popular espazo de La Voz de Galicia, Á marxe, Carlos Casares falaba dun dos autores galegos que máis teñen reivindicado a súa paixón por el. Referímonos a Antón Riveiro Coello. Pola súa curiosidade, deixamos aquí algúns fragmentos daquela columna na que Casares apreciaba, entre outras cousas, […]