O 11 de xaneiro de 2001, no seu moi popular espazo de La Voz de Galicia, Á marxe, Carlos Casares falaba dun dos autores galegos que máis teñen reivindicado a súa paixón por el. Referímonos a Antón Riveiro Coello.
Pola súa curiosidade, deixamos aquí algúns fragmentos daquela columna na que Casares apreciaba, entre outras cousas, a habilidade, por moitos de nós comprobada, de que Riveiro Coello, como era o propio Carlos, é un grandísimo contador de historias, tamén, de viva voz.
No transcurso do coloquio, Antón recoñeceu ter unha especie de imán para os tolos. Dixo que cando chega a unha cidade descoñecida e baixa o cristal da ventá para preguntarlle unha dirección ao primeiro transeúnte que atopa, con moita frecuencia se trata dun tolo. Ou de dous. Polo visto, a muller e as fillas xa lle temen, de maneira que procuran adiantarse, sobre todo para evitar que o novelista se pare a escoitalos…