Nos 50 anos de Grial

Hai uns meses, mentres as miñas alumnas e alumnos de Bacharelato se concentraban nas preguntas dun exame de literatura, apoiada na mesa, lía eu o número da Revista Grial dedicado a conmemorar o seu 50 aniversario. Quixo a casualidade que un dos temas que os estudantes debían desenvolver fose precisamente “a recuperación da literatura galega […]

50 anos de GRIAL

Xaime Illa Couto e Francisco Fernández del Riego proxectaban entre nós o lucir do carácter e do espírito fraternal do traballo a prol da cultura galega. Aquela educación de irmandade recibida no Partido Galeguista. E resistiron á guerra para seguir na loita e entregarnos ofrendas intelectuais como Grial. Xurdiu entón un espazo de vontade universalista […]

De reflexos e continuidade

Engánchome no 2008 a unha Grial que, desde 1963, mantén a súa natureza de punto de encontro, centro divulgador, altofalante de realidades galegas e universais e tamén espello das letras. Saio sempre da lectura desta sección coa forza do diálogo vivo que alí xorde, o que unha extensa rede de colaboradores vai establecendo número a […]

Preguntas e respostas

O mundo do ano 1963 era ben diferente ao noso. A partir desta obviedade si que hai algunha cuestión na que merece a pena deterse. E esta non é outra que o desexo do ser humano de mirar cara si mesmo, e de facelo a través de todo aquilo que nos poida explicar como especie, […]

A necesaria continuidade de Grial

No mundo da globalización, debido á presión á que están sometidas as linguas e culturas minoritarias e co nacemento de novas formas e canles de comunicación, vemos con dificultade a supervivencia, o vivir e convivir da nosa lingua e cultura. Como xa dixo Ramón Piñeiro en 1963 “A revista Grial, verdadeiramente facía moita falta, por […]

Saltar nas pozas

É martes e xaneiro en Compostela. Por suposto, chove. Agardo interminablemente nun paso de peóns ás dúas e media da tarde. Unha nena de cabelo loiro e enguedellado, que non sobrepasa en altura o meu embigo, fítame con intensidade e pregunta: “Por que levas unhas botas vermellas?”. Seu pai repréndea. Por impertinente e maleducada, disque. […]

Benxamín Casal

Esta fin de semana celebramos en Lugo, no Círculo das Artes, un acto cívico en memoria de Benxamín Casal (1935-2013), que foi presidente da Editorial Galaxia ata agosto do pasado ano. Non foi un acto de despedida. Foi unha celebración: a celebración de coñecer a unha persoa coma el, comprometida co seu tempo e coa […]

Hai tempo…

Hai tempo, foi algo vivido, noutro momento foi algo esquecido, dende hai tres anos transformouse nun tsunami e, por fin, fíxose materia en forma de libro e de disco; son e foron cinco anos da miña vida. Cantaban The Byrds: “Turn Turn Turn”, todo semella unha longa espiral que xira ao redor do “horizonte de […]